Presentamos -via Universidad de Vigo tv- el video de la conferencia que Felipe Martínez Marzoa ofreció en el congreso realizado en la Universidad de Vigo en noviembre de 2007, coordinado por el prof. Arturo Leyte (vid. video de la inauguración del ciclo) y que llevaba el título de El espectro político hoy: Ilustración y barbarie.
...
...
El título de la conferencia de F. Martínez Marzoa es "De poder y derecho". La presentación la realiza Domingo Docampo.
...
*La presentación es en gallego y la conferencia misma en castellano.
...
...
Reproducimos igualmente el comentario de M. del Río acerca de la conferencia, publicado en el Diario de la Universidad de Vigo.
...
...
Dende Thomas Hobbes ata Kant, os camiños do dereito conflúen nun punto común que é a garantía da universalidade. Baixo estes preceptos, o filósofo Felipe Martínez Marzoa fixo un percorrido polo poder e o dereito, dentro do ciclo de conferencias Universium.
Segundo o profesor da Universidade de Barcelona as garantías do dereito deben implicar universalidade, “teñen que garantir o mesmo para todos e solo poder ser penado aquilo que non sexa compatible con que, baixo as mesmas condicións, outro faga o mesmo”. Para argumentar isto, Martínez Marzoa fixo un percorrido tanto pola teoría do filósofo inglés Thomas Hobbes como pola de Immamuel Kant. Dous razoamentos que parten de bases ben dispares chegan, afondando nas raíces e principios que dan lugar ao dereito, a un mesmo fin, a universalidade. “A xusta contrapartida de que eu hei de cumprir unha lei é que outro, baixo as mesmas condicións, tamén debe cumprila”, apuntou. Para Marzoa, este razoamento vincula directamente o concepto de universalidade co de xustiza ou o de dereito e explica que “este concepto de universalidade comporta algo que soa moito a xustiza, xa que está implícito que se eu, en virtude de diferentes situacións podo facer tal cousa, outro tamén pode facer a mesma cousa se quere. Ten connotación de xustiza porque ten connotación de igualdade”.

O camiño do dereito
Segundo explicou Martínez Marzoa, “o coñecemento capacita, o coñecer as cousas pon a un en mellores situacións no que se refire a tratar con elas”. Pola trivialidade deste razoamento, isto pode valer para todas as épocas. “O que non é tran trivial é que ese capacitar o sexa no sentido de capacitar para facer cunha cousa tanto o un como o outro”, é dicir, que canto mellor se coñece unha cousa se pode facer con ela algo ou ben o seu contrario. O desenvolvemento deste concepto abstracto deriva na definición de poder como a presenza da cousa, a súa consistencia para poder dispoñer dela para diferentes obxectivos. Para Marzoa, o coñecemento non reside na determinación de obxectivo, que é diferentes dun individuo a outro, senón no cálculos de estratexias para acadar eses obxectivos. Este cálculo de estratexias é o único que é común a todos e determina a existencia dunha especie de bases de datos para realizar este cálculo. “É un interese común, pero non un obxectivo común”, subliñou.
Desenvolvendo a partir deste punto partida de “algo común”, as teorías de Hobbes e Kant, o profesor Martínez Marzoa tentou explicar a existencia dunha forza superior ás demais, que é a que garante a existencia desas bases de datos.
Analizando o fenómeno do poder, puntualizou, “podemos abstraer unha análise baseada na calculabilidade, a seguridade, as garantías e a universalidade das regras”, e isto evidencia que ese poder co que “ninguén pode medirse é unha condición para a xustiza”.

Unha traxectoria que comezou no Colexio Universitario de Vigo
Na súa intervención, Felipe Martínez Marzoa foi presentado polo ex reitor da Universidade, Domingo Docampo. Os dous coincidiron na primeira etapa da Universidade como Colexio Universitario de Vigo, dentro da USC. Segundo Docampo, “Martínez Marzoa vai terminar pasando á historia da filosofía, como un dos piares desta disciplina de finais do século XX e de principios do XXI”. Nesta etapa marcada para Docampo pola cooperación, “a súa figura emerxía como unha especie de mestre para todos nós, con grande interese por facerse entender: pensa profundo pero explica bonito”.
2 comentarios:
Grande Marzoa: me sigue admirando cómo de una afirmación aparentemente no problemática se van desvelando poco a poco los elementos que delimitan una cosa (aquí el poder y el derecho). Muchas gracias por haber puesto a nuestro alcance la conferencia.
Publicar un comentario